Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo presidiu a recepción ao ex Director da Banda de Música Municipal Indalecio Fernandez Groba

O Alcalde de Lugo presidiu a recepción ao ex Director da Banda de Música Municipal Indalecio Fernandez Groba

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Sábado, 12 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presidiron a recepción ao músico Indalecio Fernández Groba, que durante 12 anos foi director da Banda Municipal de Música de Lugo.

López Orozco destacou que “ é unha persoa moi querida na nosa cidade e en todos os lugares onde estivo porque deixou unha impronta co seu traballo, el é un modelo a imitar que levou a banda de Lugo por todo Galicia”. O Alcalde tamén fixo referencia e deu as grazas ao músico percusionista Jesús Sal que hoxe se xubila despois de 51 anos dedicados á Banda Municipal de Música de Lugo.

Ao finalizar o acto, comezou o concerto da Banda Municipal con motivo do San Froilán, na que o Director invitado, Indalecio Fernández Groba, dirixiu varias pezas e estreou  unha peza adicada a cidade de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-presidiu-recepcion-ao-ex-director-da-banda-de-musica-municipal-indalecio