O Alcalde de Lugo preside a toma de posesión dos quince novos policías locais
- Tema
- Protección da comunidade
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión dos 15 novos policías locais que pasarán a formar parte deste corpo de seguridade do Concello. Neste acto estiveron tamén presentes o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, e a Presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, María Josefa Ruiz Tovar, ademais doutras autoridades e representantes dos corpos e forzas de seguridade do Estado.
Os novos policías locais, que aprobaron as oposicións en outubro do 2007, preparáronse na Academia Galega de Seguridade e que realizaron xa prácticas na cidade este verán e tamén a o longo do mes de novembro. Hoxe, no Salón de Plenos do Concello, xuraron “cumprir as obrigas do cargo con lealtade ao Rei e gardar e facer gardar a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia como normas fundamentais do Estado”.
O Alcalde felicitou aos novos policías polo éxito acadado na súa oposición e desexoulles o mellor no seu traballo. Resaltou a enorme labor que realizarán para levar a cabo o compromiso do equipo de Goberno en materia de seguridade cidadá, ao incrementar a presencia da policía nas rúas e a importante responsabilidade que os axentes adquiren con todos os lucenses.
Para o Alcalde é unha honra celebrar unha toma de posesión onde queda patente a excelente preparación dos parte dos axentes que se incorporan ao Concello como funcionarios. López Orozco indicoulles que “entrades a formar parte dun extraordinario corpo, que se fortalecerá con savia nova para facelo ainda mellor”.
Para o equipo de Goberno, a la incorporación destes 15 axentes da Policía Local supón dotar dunha maior seguridade ás rúas da cidade mediante a función duns profesionais que xa dispoñen da súa placa como funcionarios e axentes do orden. O Alcalde manifestou a “disposición do equipo de Goberno a dialogar e a facer que o voso traballo, imprescindible na nosa sociedade, estea ben feito e ao servizo dos veciños e veciñas de Lugo”.
O mandatario local animoulles a traballar con forza por unha sociedade máis próspera, máis libre e máis segura, cumprindo e facendo cumprir a lei.
Pola súa banda, o Subdelegado do Goberno, deulles a benvida a unha profesión na que terán a responsabilidade de servir á cidadanía e “da que nada nin ninguén debe desviarvos, xa que non hai nada máis importante que defender os dereitos de todos e todas”.
Os novos policías locais contan cunha preparación e formación adecuada para prestar un servizo de calidade á cidadanía lucense.