O alcalde de Lugo preside o nomeamento de dous inspectores principais da Policía Local
Os inspectores José Manuel Río e José Luis Piñeiro xuraron o seu cargo, co que fan efectivo o seu ascenso dentro do organigrama de mandos do corpo municipal.
- Tema
- Benestar social,
- Protección da comunidade,
- Seguridade,
- Tráfico,
- Recursos humanos,
- Emprego público

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá o nomeamento dos inspectores José Manuel Río Espiño e José Luis Piñeiro Santos, como inspectores principais da Policía Local. O rexedor municipal, acompañado da voceira municipal e concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, e do secretario do Concello, felicitou a ambos inspectores polo seu ascenso que “vén demostrar o seu compromiso co servizo público e coa seguridade de todos os veciños e veciñas de Lugo” ao tempo que destacou que “con el se sigue mellorando a estrutura interna do corpo o que tamén favorece ao desenvolvemento do traballo policial”.
Miguel Fernández, presidiu o nomeamento dos dous inspectores, nun acto de xura do cargo no que tamén estivo presente o Intendente Xefe, Jesús Piñeiro Santos. Na actualidade o corpo da Policía local está integrado por uns 125 axentes e, tal y como salientou o propio alcalde, “é un dos corpos e forzas de seguridade do estado máis recoñecidos e respectados na nosa cidade”.
