Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo preside o acto de toma de posesión de 15 novos funcionarios da escala de auxiliares administrativos

O Alcalde de Lugo preside o acto de toma de posesión de 15 novos funcionarios da escala de auxiliares administrativos

Martes, 18 de outubro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a toma de posesión de 15 novos auxiliares administrativos que a partir de mañá comezarán a súa labor como funcionarios públicos nos diferentes sectores do Concello de Lugo.

López Orozco deulles a benvida e animounos “a seguir estudando para medrar como persoa e dentro da escala administrativa”. Durante o acto, o rexedor lucense, destacou que “as administracións públicas sen funcionarios non serían nada e que no Concello de Lugo pódese presumir de ter extraordinarios traballadores sen os que non se entenderían o cambio na nosa cidade.”


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-preside-o-acto-de-toma-de-posesion-de-15-novos-funcionarios-da-escala-de