O alcalde de Lugo preside na Catedral a ofrenda ao San Froilán, no día do Patrón
Acompañado polas concelleiras e concelleiros de todos os grupos políticos que integran a Corporación Municipal, encabezou o acto máis tradicional dos festexos.
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional,
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural,
- Xestión cultural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá na Catedral de Lugo a ofrenda da Corporación Municipal a San Froilán, o acto máis tradicional e un dos máis emotivos no día do Patrón. A comitiva encargada de facer a ofrenda ao patrón partiu da Casa Consistorial pouco antes do mediodía para asistir á cerimonia relixiosa na Catedral, oficiada polo Bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco. O traxecto foi amenizado pola agrupación de música tradicional Picurruchos, que acompañou á comitiva no seu percorrido pola Praza Maior ata chegar á Praza de Santa María para asistir á misa e á posterior ofrenda.
