Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompaña á veciñanza de Conturiz na misa en memoria de Paula Alvarellos

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompaña á veciñanza de Conturiz na misa en memoria de Paula Alvarellos

  • Tema
    • Alcaldía
Sábado, 15 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompaña á veciñanza de Conturiz na misa en memoria de Paula Alvarellos

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, participou este sábado na misa celebrada na igrexa de Santo André de Castro en memoria da anterior rexedora municipal, Paula Alvarellos. O acto relixioso reuniu a numerosos veciños de Conturiz e doutros núcleos da parroquia, que quixeron renderlle unha sentida homenaxe.

Fernández expresou a súa gratitude pola mostra de afecto e lembranza cara á falecida alcaldesa. "Quero agradecer de corazón a todas e todos os veciños esta demostración de cariño e respecto pola nosa querida Paula. A súa pegada en Lugo segue viva, non só na institución que presidiu, senón no recordo de todas as persoas que tíñamos o privilexio de compartir proxectos con ela", apuntou.

O rexedor municipal destacou o fondo pesar que supuxo o pasamento de Alvarellos para a cidade e para quen a coñecía. "Paula foi unha persoa entregada ao servizo público, cunha paixón inmensa por Lugo e polos seus veciños e veciñas. O seu legado segue inspirándonos e a súa lembranza permanecerá sempre entre nós", engadiu.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-miguel-fernandez-acompana-vecinanza-de-conturiz-na-misa-en-memoria-de-paula