Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo informou na Mesa Local de Comercio que aínda está aberto o prazo para solicitar as axudas a microempresas

O Alcalde de Lugo informou na Mesa Local de Comercio que aínda está aberto o prazo para solicitar as axudas a microempresas

  • Tema
    • Economía
Xoves, 02 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Rosana Rielo, presidiron esta mañá unha nova xuntanza da Mesa Local de Comercio na que se reuniron representantes do Goberno local, grupos políticos e representantes das asociacións de Hostaleiros, Fedederación de Comercio, Asociación de Mulleres Autónomas, Asociación de Mulleres Empresarias e Asociación de Xóvenes Empresarios.

López Orozco informounos de que ata o día 11 atopase aberto o prazo para todos aqueles autónomos e emprendedores que queiran concurrir ás axudas convocadas polo Concello de Lugo por valor de 450.000 euros. Poderán solicitar esta liña de axudas as microempresas, con menos de 10 persoas e que xeren como máximo 2 millóns de euros, e que desenvolvan a súa actividade dentro do municipio de Lugo, excluida a zona URBAN. A axuda poderá ser de ata o 50% do total dos gastos e se están promovidos por unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%. O formulario pode obterse no Rexistro Xeral do Concello e na web www.lugo.es  [1] .


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-informou-na-mesa-local-de-comercio-que-ainda-esta-aberto-o-prazo-para

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es