Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O alcalde de Lugo e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil presentan a obra de conexión entre o paseo fluvial do Rato e o do Miño

O alcalde de Lugo e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil presentan a obra de conexión entre o paseo fluvial do Rato e o do Miño

O alcalde de Lugo e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil presentan a obra de conexión entre o paseo fluvial do Rato e o do Miño

Miguel Fernández subliña que a actuación que comezou hoxe reforza o modelo de cidade verde e sostible que impulsa o Goberno local, mellorando a conexión de Lugo co río e gañando espazos naturais.

José Antonio Quiroga destaca que a colaboración institucional permite recuperar e mellorar o patrimonio fluvial e natural de Lugo, favorecendo o uso cidadán en condicións seguras e sostibles.

O proxecto conta cun orzamento de 225.000 euros achegados pola Confederación, cun prazo estimado de execución de catro meses, e cumpre un dos obxectivos fixados polo Goberno local para esta contorna.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio rural,
    • Medio ambiente,
    • Auga
Mércores, 10 de setembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde de Lugo e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil presentan a obra de conexión entre o paseo fluvial do Rato e o do Miño

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, presentaron hoxe a obra que permitirá conectar o paseo fluvial do Rato co do Miño, un proxecto xa en execución que suporá a continuidade dos itinerarios e a creación dun percorrido continuo para o lecer, a práctica deportiva e o desprazamento activo da veciñanza. O proxecto, foito da colabopración entre o Concello e a  CHMS, permite cumprir o obxectivo do Executivo de Miguel Fernández de unir estes dous espazos naturais de gran valor para a cidadanía creando un intinerario que, literalmente, circunvala a zona sur da cidade ao carón dos dous principais cauces fluviais, que con esta importante intervención ven ademáis incrementada súa posta en valor. A actuación conta cun investimento de 225.000 euros achegado pola Confederación, que, cumprindo co covenio asinado entre ambas as dúas entidades, se encarga da redacción e execución do proxecto.

O alcalde, Miguel Fernández, destacou a importancia da colaboración institucional e agradeceu a implicación da Confederación. “Hoxe é un gran día. O traballo que iniciamos coa expropoiación dos terreos  vese plamsado agora sobre o territoiro. Este proxecto é unha mostra clara de cooperación que se traduce en melloras reais para a cidadanía. Lugo gaña espazos naturais, zonas verdes e unha nova conexión co río que reforza o modelo de cidade que estamos a construír: máis verde, máis próxima e mellor conectada co seu entorno”, assegurou o rexedor quen destacou que Lugo é a única capital española integrada nunha reserva da biosfera.

Pola súa banda, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, puxo en valor a actuación: “Con este proxecto damos continuidade a un espazo natural de gran valor para Lugo, favorecendo o seu uso e disfrute en condicións seguras e sostibles. A colaboración co Concello é un exemplo de como, sumando esforzos, podemos recuperar e mellorar o patrimonio fluvial e natural que nos identifica como territorio”.

As obras contemplan a preparación do terreo e o acondicionamento dunha superficie de máis de 20.000 metros cadrados, coa eliminación de vexetación en mal estado, a nivelación da plataforma e a construción dunha senda de dous metros de ancho con pavimento estable e seguro, bordos de granito e sistemas de drenaxe. O itinerario contará con bancos de granito, papeleiras metálicas e iluminación mediante 17 luminarias LED. Ademais, levarase a cabo unha integración ecolóxica coa plantación de especies autóctonas como carballos, freixos, aveleiras ou bidueiros, a sementeira de céspede e a instalación de casetas-refuxio para esquíos. O prazo estimado de execución é de catro meses.

Fernández e Quiroga coincidiron en que esta actuación non só mellora a mobilidade sostible e a conexión co río, senón que tamén supón un avance na calidade de vida da veciñanza e na aposta pola integración de espazos verdes no modelo urbano de Lugo.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre o paseo fluvial do Rato co do Miño | Descargar mp3 [1]
  • O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, sobre o paseo fluvial do Rato co do Miño | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-e-o-presidente-da-confederacion-hidrografica-mino-sil-presentan-obra-de

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/100925_miguelfernandez_unionratomino.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/100925_joseantonioquiroga_unionratomino.mp4