O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Muller e Benestar Social inauguran a exposición dos talleres do Uxío Novoneyra
- Tema
- Igualdade
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, visitaron a exposición dos traballos realizados polos participantes nos obradorios de Animación Sociocultural que organiza cada ano a área de Benestar Social do Concello.
Máis de 300 pezas, entre pinturas, cestos e manualidades varias, que representan menos do 50% do total de traballos realizados polos 600 participantes destas iniciativas que dende o mes de outubro mantén en marcha a Concellería que dirixe Carmen Basadre.
Son 33 obradoiros só neste centro social, que inclúen ximnasia, ioga, pilates, astronomía, xadrez, teatro, manualidades e actividades de contido social para exercitar a memoria, a autoestima… No Uxío Novoneyra tamén estiveron en marcha obradoiros para cativos, que remataron no mes de maio.
O perfil dos asistentes a estes obradoiros é o de mulleres, de arredor de 40 anos.
O Alcalde destacou a calidade dalgunhas das obras expostas, onde se poden ver pinturas ao oleo de excelente calidade e pezas de cestería moi elaboradas.
A exposición estará aberta ao público ata o 20 de xuño de 16:00 a 21:00 horas de luns a venres.