Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde de Lugo amosa a súa satisfacción polo traspaso dos Hospitais provinciais ó Sergas

O Alcalde de Lugo amosa a súa satisfacción polo traspaso dos Hospitais provinciais ó Sergas

Xoves, 27 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou esta tarde a súa satisfacción polo acordo ó que chegaron hoxe o presidente da Deputación provincial, José Ramón Besteiro, e a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas para a transferencia dos hospitais provinciais ó SERGAS.

O Alcalde indicou que este acordo lle produce alegría porque “vai beneficiar ó conxunto dos lucenses” e lembrou que a Deputación de Lugo era a única de Galicia que aínda tiña competencias en materia de sanidade.

López Orozco informou que esta mesma tarde o Presidente da Deputación, José Ramón Besteiro, púxose en contacto con él “co fin de empezar a analizar o posible uso que se lle dará ó Hospital de San Xosé que é un importante equipamento para a nosa cidade”. O Alcalde agradeceulle este xesto ó titular da Deputación e indicou que “chegaremos a acordos que beneficien ós lucenses”.

O Alcalde lembrou que a transferencia dos hospitais producirase o 1 de xaneiro do ano que vén e para daquela, dixo, “teremos que ter unha programación” do que se fará.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-de-lugo-amosa-sua-satisfaccion-polo-traspaso-dos-hospitais-provinciais-o-sergas