Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde anuncia unha reorganización das áreas do Goberno local que supón nunha mesma concellería as áreas de Medio Ambiente e Urbanismo

O Alcalde anuncia unha reorganización das áreas do Goberno local que supón nunha mesma concellería as áreas de Medio Ambiente e Urbanismo

Venres, 30 de agosto de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ademais, Manuel Núñez, pasará a ter na súa área o apartado de novas tecnoloxías e informática

O Alcalde, José López Orozco, e o Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, anunciaron hoxe unha reorganización das áreas do Goberno Local, motivada pola marcha de Lino González Dopeso e a incorporación no próximo Pleno Municipal de Rosana Rielo.
López Orozco explicou que “o luns Rosana formará parte do Goberno local pero sen dedicación exclusiva por motivos de axenda laboral e que agardamos que pronto se solucione”. Por este motivo, será Luis Álvarez o que se faga responsable da área de Medio Ambiente e que como sinalou o Alcalde “ten unha importante tarefa por diante e supón unha maior responsabilidade pero tamén ten moitas gañas de traballar e moita ilusión”.
Desta maneira, Luis Álvarez, pasará a facerse cargo, ademais de Urbanismo, da área de Medio Ambiente que como sinalou “son dúas concellerías moi similares e que se complementan en moitos casos polo que é unha organización moi coherente”.
Outro dos cambios é que Informática e Novas Tecnoloxías que agora dependía do propio Alcalde, pasarán a ser competencia de Manuel Núñez que xa se fai cargo dos sevizos de Participación Cidadá, 010, Sanidade e Consumo.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-anuncia-unha-reorganizacion-das-areas-do-goberno-local-que-supon-nunha-mesma