Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde agarda que a Delegación do Goberno reconsidere a negativa do permiso para as cámaras de videovixilancia no polígono do Ceao

O Alcalde agarda que a Delegación do Goberno reconsidere a negativa do permiso para as cámaras de videovixilancia no polígono do Ceao

  • Tema
    • Economía
Mércores, 12 de setembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, expresou hoxe a súa confianza en que a Delegación do Goberno volva reconsidere a negativa do permiso para o funcionamento das cámaras de videovixilancia que ten instaladas o Concello no polígono empresarial do Ceao.

O Alcalde, que participou hoxe na presentación do centro de traballo que ten no polígono do Ceao a empresa de telemarketing Abante B.P.O, manifestou que “agardo que vaia por bo porto a solicitude que lle volvimos facer á Delegación do Goberno para que as cámaras de videovixilancia poidan volver a funcionar”.

López Orozco explicou que “o escrito que mandaron os empresarios do Ceao e o que volvemos mandar nós, recibírono con cariño e coa intención de volver tratar o tema, polo que agardo que pronto nos comunique a Delegación do Goberno unha solución positiva, xa que ese sería un paso que nos daría máis seguridade a todos”.

O Alcalde tamén manifestou que o Concello fai o posible por “ter o polígono do Ceao nas mellores condicións para que sexa competitivo co novo parque das Gándaras, que ten unhas instalacións magníficas”.

O Alcalde e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, acompañaron ó Director xeral de Abante BPO, Eugenio Arceu, na presentación do centro de traballo que ten esta empresa en Lugo. No acto tamén interviu a Concelleira de Emprego e Empresa da Coruña, Luisa Cid.

A empresa Abante BPO dá traballo en Galicia a máis de 600 persoas, a metade das están empregadas no centro que ten na nosa cidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-alcalde-agarda-que-delegacion-do-goberno-reconsidere-negativa-do-permiso-para-camaras-de