Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O 9 de abril Los Secretos actuarán no Auditorio Municipal Gustavo Freire

O 9 de abril Los Secretos actuarán no Auditorio Municipal Gustavo Freire

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 04 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A programación para celebrar o décimo aniversario da Muralla, Lugo10 [1], continúa e o venres 9 de abril achegará á cidade ao mítico grupo do pop español Los Secretos coa súa xira Cara B.

A agrupación incluíu a nosa cidade nunha xira que percorrerá doce cidades do territorio nacional onde descubrir novas cancións e os temas máis brillantes da súa extensa obra. Ademais, nesta ocasión queren render homenaxe aos ídolos que marcaron a súa carreira versionando algúns dos seus clásicos.

Os artistas escolleron recintos con pequeno aforo onde sentir a cercanía do seu público e disfrutar con eles destes concertos únicos cargados de emotividade e sorpresas para os máis incondicionais do grupo.

O concerto terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 21.00 horas.

As entradas estarán á venda a partir de mañá venres 5 de febreiro na taquilla electrónica de Caixanova [2] a un prezo que varía segundo a zona:

- Zona A: 30 €
- Zona B: 28 €
- Zona C: 25 €


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-9-de-abril-los-secretos-actuaran-no-auditorio-municipal-gustavo-freire

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es
[2] http://www.caixanova.es