Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O 5º Torneo Nacional de Tenis achegará á cidade de Lugo algúns dos mellores xogadores do país

O 5º Torneo Nacional de Tenis achegará á cidade de Lugo algúns dos mellores xogadores do país

  • Tema
    • Deportes
Mércores, 02 de setembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O 5º Torneo de Tenis Nacional terá lugar na cidade a partir de mañá xoves 3 de setembro ata o 10 de setembro, segundo explicaron esta mañá o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e José Antonio Pereiro, director do torneo.

O Concelleiro resaltou a calidade deste evento deportivo que achega á cidade de Lugo algúns dos mellores tenistas do noso país e, incluso, do estranxeiro que farán disfrutar aos afeccionados lucenses.

Nesta quinta edición do torneo, o máis importante de toda Galicia en canto a dotación económica e nivel de participación, e un dos máis importantes do territorio nacional, preténdese dar un salto cualitativo intentando a participación de, ao menos, dous tenistas que estean situados entre os 20 primeiros do ranking nacional e entre os 200 mellores do ranking ATP.

Os participantes disputarán ao longo dos sete días de campionato as probas das diferentes categorías, xogándose a fase previa entre o 3 e o 6 de setembro:

- Absoluto masculino

- Cadete masculino e feminino

- Infantil masculino e feminino

- Alevín masculino e feminino

Premios:

Proba INDIVIDUAL MASCULINA

- Campión:        1.400 €

- Finalista:           700 €

- Semifinalista:     350 €

- 1/4:               175 €

- 1/8:               87,50 €

- 1/16:             43,75 €

RESTO CATEGORÍAS: 100 € material deportivo ; 50 € material deportivo.

Horarios:
Pódense consultar os horarios e os cadros na web www.nacionaltenislugo.com [1], así como no taboleiro do club ou no teléfono 650 712 365 a partir das 20:00 horas.

www.nacionaltenislugo.com [1]

Club Fluvial Lugo [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-5o-torneo-nacional-de-tenis-achegara-cidade-de-lugo-alguns-dos-mellores-xogadores-do-pais

Ligazóns:
[1] http://www.nacionaltenislugo.com
[2] http://www.clubfluvial.org