Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O 23 de decembro remata o prazo para a recollida dos vales das becas de axuda para educación infantil

O 23 de decembro remata o prazo para a recollida dos vales das becas de axuda para educación infantil

Luns, 19 de decembro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, informa que o prazo de recollida dos vales correspondentes ás “Bolsas escolares de axuda para educación infantil, curso 2011-2012” remata o día 23 de decembro.

As persoas beneficiarias desta axuda deberán acudir ao Departamento de Educación, no Centro Convivencia Uxío Nononeyra 3º andar, e presentar o Certificado que acredite que o neno ou nena está matriculado/a no centro escolar, así como o DNI orixinal do solicitante desta axuda.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-23-de-decembro-remata-o-prazo-para-recollida-dos-vales-das-becas-de-axuda-para-educacion