Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O 2 de setembro comezará o arranxo do firme do leiraparking do HULA

O 2 de setembro comezará o arranxo do firme do leiraparking do HULA

As obras teñen un prazo de realización previsto de 3 semanas

O 30 de agosto colocaranse vallas no recinto, pechándose para o comezo das obras

  • Tema
    • Infraestruturas
Venres, 23 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O 2 de setembro comezará o arranxo do firme do leiraparking do HULA

O Alcalde en funcións, Rubén Arroxo, anunciou que o arranxo do firme do leiraparking do HULA comezará o luns 2 de setembro. Segundo Arroxo, as actuación consistirá na colocación “dunha capa de zahorra sen finos de 10cm, que permitirá a drenaxe de auga evitando que se formen as fochancas e lameiras”. Ademais, delimitarase a zona de paso da de estacionamento usando zahorras de diferentes cores, para evitar así que se formen atascos por vehículos mal estacionados.

Segundo Rubén Arroxo, “o ideal sería asfaltar, pero a día de hoxe, debido a que este terreo está afectado polo 5% do plan xeral sen aprobar, non é posíbel”. Arroxo indicou que “na obra anterior utilizouse un material cunha granulometría demasiado fina, o que, xunto a que o final das obras coincidiu co inicio da época de choiva, fixo que se formaran as fochancas e lameiras”.

Esta actuación vén sendo unha reclamación das persoas usuarias do leiraparking. A partir do día 30 de agosto colocaranse as vallas para realizar o peche do recinto de cara ao comezo das obras que teñen un prazo de realización previsto de 3 semanas.

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre o leiraparking do HULA | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-2-de-setembro-comezara-o-arranxo-do-firme-do-leiraparking-do-hula

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/190823_ruben_arroxo_leiraparking.mp3