Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O 1º taller da programación de conferencias “Mocidade e novas adiccións”, celebrarase o xoves, 5 de novembro

O 1º taller da programación de conferencias “Mocidade e novas adiccións”, celebrarase o xoves, 5 de novembro

  • Tema
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Mércores, 28 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O 1º taller da programación de conferencias “Mocidade e novas adiccións”, celebrarase o xoves, 5 de novembro

A Concellaría de Muller, Igualdade e Xuventude vén de anunciar que o 1º taller da programación de conferencias “Mocidade e novas adiccións”, que fora aprazado o día 7 de outubro, celebrarase o xoves, 5 de novembro ás 17:30 horas no CEI-NODUS. Versará sobre o uso dos videoxogos e as apostas en liña (que constitúen novas formas de ludomanía).

Todas as mozas e mozos, familias e profesorado interesado en asistir, debe inscribirse a través do mail maisporti2020@lugo.gal [1], indicando no ‘asunto’ "Mocidade e novas adiccións" e no corpo do mail:

  • Nome
  • Apelidos
  • Profesor ou Familiar: (indicar un)
  • Nome da Escola ou Instituto
  • Taller ou Evento : Taller 1

Tamén se pode realizar xa a inscrición nese mesmo enderezo electrónico para a xornada final desta programación, que contará coa presenza de Xosé Antonio Toruriñán, e que se celebrará o 26 de novembro no Codex Cinema.

Máis info

  • Díptico “Mocidade e novas adiccións” | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-1o-taller-da-programacion-de-conferencias-mocidade-e-novas-adiccions-celebrarase-o-xoves-5

Ligazóns:
[1] mailto:maisporti2020@lugo.gal
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/mocidade_dipticoa5_v1.pdf