Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O 11 e 12 de febreiro terá lugar o IX Clinic Internacional Lugo é Basket Hierros Ferreiro

O 11 e 12 de febreiro terá lugar o IX Clinic Internacional Lugo é Basket Hierros Ferreiro

  • Tema
    • Deportes
Mércores, 06 de febreiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por Rubén Engroba, representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, presentaron a novena edición do Clinic Internacional Lugo é Basket Hierros Ferreiro que se vai celebrar os días 11 e 12 de febreiro no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Jose Manuel Díaz Grandío, manifestou que “dende o Concello apoiamos todas as iniciativas relativas á formación dos nosos deportistas e dos seus adestradores para que o seu traballo sexa de maior calidade tanto deportiva como educativa”.

Nesta ocasión participaran importantes relatores relacionados co baloncesto, Ricard Casas, adestrador da ACB, Gustavo Aranzana, adestrador ACB, e Antonio Pérez, adestrador LEB, que darán nocións sobre metodoloxía para a ensinanza de técnicas individuais e en grupo.

Para inscribirse, soamente haberá que facer o ingreso bancario e mandar os datos solicitados ao correo electrónico ajsc_lugo@hotmail.com [1] , ademais haberá descontos importantes para grupos. A inscrición leva aparellada a convalidación de 8 horas federativas para adestradores.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-11-e-12-de-febreiro-tera-lugar-o-ix-clinic-internacional-lugo-e-basket-hierros-ferreiro

Ligazóns:
[1] mailto:ajsc_lugo@hotmail.com