Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A novena edición da Mostra de Teatro Clásico continúa coa representación de Ariadna

A novena edición da Mostra de Teatro Clásico continúa coa representación de Ariadna

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 04 de febreiro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A programación da novena edición da Mostra de Teatro Clásico continúa mañá xoves, 5 de febreiro, coa representación da obra Ariadna no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20:30 horas.

Atalaya TNT e o Centro Andaluz de Teatro, representarán sobre as tablas do Auditorio Municipal esta historia mitolóxica. Presentarán ante o público lucense unha figura que é das máis coñecidas e representadas na historia da pintura e do arte en xeral. Un mito que asociamos ao Laberinto do Minotauro, unha heroína cretense que representa a lucidez e a rebeldía, que se evade a través do soño e ansía a liberdade.

O ciclo continuará o sábado 7 de febreiro, con Los locos de Valencia de Lope de Vega. 

As entradas están a venda a través de www.caixanova.es [1] ou no teléfono 902 504 500, en unha hora antes da representación na taquilla do Auditorio. O prezo establécese  entre os 12 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/novena-edicion-da-mostra-de-teatro-clasico-continua-coa-representacion-de-ariadna-0

Ligazóns:
[1] http://www.caixanova.es/