Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Nova xuntanza das mesas temáticas referidas ao desenvolvemento da Axenda 21

Nova xuntanza das mesas temáticas referidas ao desenvolvemento da Axenda 21

  • Tema
    • Urbanismo
Mércores, 30 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

No día de hoxe celebrouse a terceira das xuntanzas correspondentes á rolda de xuntanzas correspondentes ás mesas temáticas da Axenda 21 local. Nesta xuntanza abordáronse temas relativos a Medio Ambiente. Os participantes abordaron temas que xa foran propostos en xuntanzas anteriores para analizar a súa evolución e os participantes propuxeron novas propostas para desenvolver dende os diferentes ámbitos de actuación do concello. A concelleira de Infraestruturas e Axenda 21 do concello de Lugo, a nacionalista Paz Abraira, sinalou que na mesa de hoxe “incidiuse naquelas prioritarias que teñen que ver co medio ambiente e que farán que as políticas a aplicar neste concello sexan especialmente sensibles co entorno”.

Entre as propostas realizadas por algúns dos axentes participantes na xuntanza cobraron forza as relativas a iniciativas de xestión integral, sostible e racional dos residuos así como as iniciativas de sensibilización e educación ambiental cara á sostibilidade. Tamén foron tratadas, como non podía ser doutra maneira, e en relación cos cauces fluviais a xestión integral dos recursos hídricos e a mellora na conservación do patrimonio natural e dos espazos verdes de Lugo. Outro dos aspectos que salientaron os asistentes foi promoción da autosuficiencia enerxética, eficiencia, aforro enerxético e emprego das enerxías renovables.

Datas das convocatorias das mesas temáticas:

MESAS TEMÁTICAS AXENDA 21L
Lugar: Centro Social Maruxa Mallo

Mesa de medio ambiente  30/05/2012      20h. a 21:30h. 

Mesa participación cidadá e conciencia comunitaria      31/05/2012      20h. a 21:30h. 

Mesa servizos sociais e sanitarios      06/06/2012      20h. a 21:30h. 

www.lugo.es/ws/axenda21 [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/nova-xuntanza-das-mesas-tematicas-referidas-ao-desenvolvemento-da-axenda-21

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/ws/axenda21