Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Nova cita co chat do Alcalde

Nova cita co chat do Alcalde

Venres, 23 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, continuará o xoves co seu encontro dixital de todos os meses cos internautas. Manterá a cita ás sete da tarde dende o Despacho de Alcaldía.

O chat co Alcalde de Lugo vense celebrando de xeito continuado dende febreiro do 2005.

Como sempre, os internautas disporán dunha hora para plantexar ao Alcalde todas as preguntas que crean convintes, que López Orozco responderá por orde de entrada.

Para participar neste foro unicamente é necesario entrar a través da web municipal, www.lugo.es [1], e formular a pregunta pertinente.

O Alcalde anima a todos a achegarse a esta fórmula de contacto directo, para plantexar aquelas cuestións que desexen sobre calquera tema que consideren de interés, así como a facerlle chegar as súas queixas e propostas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/nova-cita-co-chat-do-alcalde

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es