Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Nos vindeiros días comezarán os traballos para o traslado do busto de Xoán Montes

Nos vindeiros días comezarán os traballos para o traslado do busto de Xoán Montes

Realizarase unha escavación arqueolóxica no novo emprazamento, e a escultura pasará por un proceso de restauración

Dende a concellería estímase ter colocado o busto no seu novo emprazamento a finais de xaneiro

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 19 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que nos vindeiros días comezarán os traballos para a desmontaxe do busto de Xoán Montes e o seu posterior traslado á praza Maior. Esta actuación faise por iniciativa de varios colectivos vencellados á cultura na cidade de Lugo e para resituar a figura de Xoán Montes no centro da cidade. Esta ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza maior, o Círculo das Artes e a Catedral.

Penas indicou que, unha vez desmontado, o busto pasará por un proceso de restauración e limpeza por parte dun equipo especializado, que ten unha duración estimada de sete semanas. Durante o mes de xaneiro, realizaranse as escavacións arqueolóxicas precisas para a colocación da estrutura e posteriormente do busto. Segundo as previsións da concellería de Infraestruturas Urbanas, a montaxe do busto realizarase, previsiblemente, na última semana de xaneiro de 2020, unha vez rematen as escavacións.

O expediente para esta actuación iniciouse no pasado mandato, e foi impulsado no suplemento de crédito aprobado polo actual goberno no mes de setembro, cunha inversión en torno a 18.000 euros.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o busto de Xoán Montes | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/nos-vindeiros-dias-comezaran-os-traballos-para-o-traslado-do-busto-de-xoan-montes

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191120_alexandre_penas_busto_xoan_montes.mp3