Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Nenos e nenas do colexio Illa Verde coñecen como funciona o Concello da man de González Abelleira

Nenos e nenas do colexio Illa Verde coñecen como funciona o Concello da man de González Abelleira

Durante a visita, os cativos e cativas, que tiñan arredor de 8 anos, amosaron curiosidade por saber como se toman as decisións nun Concello ou como se chega a formar parte da Corporación Municipal

  • Tema
    • Benestar social,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Martes, 01 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nenos e nenas do colexio Illa Verde coñecen como funciona o Concello da man de González Abelleira

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, recibiu este martes no Salón de Plenos a un grupo de cincuenta nenos e nenas que cursan terceiro de primaria no colexio lucense Illa Verde, que visitaron a Casa Consistorial en dúas quendas.

Durante a visita, os cativos e cativas, que tiñan arredor de 8 anos, amosaron curiosidade polo funcionamento do Concello e polo labor desempeñado polo Goberno Municipal. Ana González Abelleira, quen lles explicou o seu traballo como edil e a súa área de actuación, atendeu todas as preguntas que lle fixeron os nenos e nenas, os que se interesaron por saber como se toman as decisións nun Concello ou como se chega a formar parte da Corporación Municipal.

Estas visitas permítelles aos máis cativos coñecer en primeira persoa o Concello da súa cidade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/nenos-e-nenas-do-colexio-illa-verde-conecen-como-funciona-o-concello-da-man-de-gonzalez