Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Na XV Edición do certame de narración curta Ánxel Fole participan preto de 70 traballos e máis de 50 autores

Na XV Edición do certame de narración curta Ánxel Fole participan preto de 70 traballos e máis de 50 autores

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 21 de xaneiro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua deu a coñecer o número de participantes na XV edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole e que este ano conta con 64 relatos en galego e 58 autores diferentes.

Este é un dos certames literarios máis consolidados de Galicia e aberto a todos os participantes que podían participar ata cun máximo de dous relatos cada un que non superasen os 36.000 caracteres. O xurado estará formado por persoas competentes na materia, designadas pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua. Os premios establecidos son un primeiro premio de 1.500 euros, un segundo de 1.000 e un terceiro de 500 euros.

Máis información no apartado de Certames e Concursos [1] do Concello de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/na-xv-edicion-do-certame-de-narracion-curta-anxel-fole-participan-preto-de-70-traballos-e-mais

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_TextGenerico&cid=1227494814020&ecentral=Lugo%2FCentroSeccion%2FLugoTextoGenericoNivel3&idioma=gl&pagename=Lugo%2FSpark_TextGenerico%2FLugoTexto&tipoLetra=Texto1