Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A música será protagonista esta fin de semana no Vello Cárcere

A música será protagonista esta fin de semana no Vello Cárcere

Este centro sociocultural acollerá tres concertos diferentes. O sábado será a quenda dunha artista que leva 35 anos nos escenarios, Vanesa Muela, que pecha o ciclo de Músicas Mesturadas, xunto ao Trío Zarabal, a partir das 20:30 horas

O domingo haberá actuacións musicais en xornada de mañá e de tarde. Ás 13:00 horas, será a quenda de Lucus Ensemble e amigos. Xa de tarde, dende as 19:00 horas, Sonia Lebedynski presentará o seu novo disco, Desertos de Centos

  • Tema
    • Música,
    • Programación cultural
Xoves, 30 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A música será protagonista esta fin de semana no Vello Cárcere. Concretamente, este centro sociocultural acollerá tres concertos diferentes. O sábado, 1 de xuño, será a quenda dunha artista que leva 35 anos nos escenarios, Vanesa Muela, que pecha o ciclo de Músicas Mesturadas, organizado polo Concello, xunto ao Trío Zarabal. Será a partir das 20:30 horas.

O domingo, 2 de xuño, haberá actuacións musicais en xornada de mañá e de tarde. Ás 13:00 horas, será a quenda de Lucus Ensemble e amigos para celebrar o seu quinto aniversario. Xa de tarde, dende as 19:00 horas, dentro da programación de Mulleres con Forza, Sonia Lebedynski presentará o seu novo disco, Desertos de Centos.

A asistencia a calquera destas actividades é totalmente de balde, ata completar cabida.

  • A edil Carmen Basadre, sobre os eventos no Vello Cárcere | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/musica-sera-protagonista-esta-fin-de-semana-no-vello-carcere

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/sites/default/files/users/user42478/300519_basadre-musica.mp3