Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Muralla de Moda

Muralla de Moda

Xoves, 07 de abril de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, acompañaron aos deseñadores Victorio & Lucchino e a cantante do Incio que representará a España en Eurovisión, Lucía Pérez, nun paseo pola Muralla Romana.

Os participantes da Gala Lvcvs Moda 2011 aproveitaron a súa estadía na nosa cidade para coñecer e desfrutar do monumento máis emblemático de Lugo, e retratarse en grupo no adarve da Muralla.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/muralla-de-moda