Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Muller e Igualdade remata este sábado a programación para visibilizar a aportación das escritoras galegas á cultura e á igualdade a través de Xela Arias

Muller e Igualdade remata este sábado a programación para visibilizar a aportación das escritoras galegas á cultura e á igualdade a través de Xela Arias

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Música
Xoves, 27 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Muller e Igualdade remata este sábado a programación para visibilizar a aportación das escritoras galegas á cultura e á igualdade a través de Xela Arias

A Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, lembrou que este sábado remata a programación, organizada ao longo do mes de maio dende a súa concellería, para visibilizar a aportación das escritoras galegas á cultura e á igualdade da muller como creadora a través de Xela Arias, homenaxeada das Letras Galegas 2021. Concretamente, este sábado, ás 11:00 horas, terá lugar a cuarta e última Ruta Literaria. As persoas interesadas aínda poden inscribirse, chamando ao 010 ou a través do 982297350 para os de fóra de Lugo. O punto de partida é a Praza Maior, dende os soportais do Concello, e estará dirixida pola guía local Lidia De la Fuente.

Como broche de ouro a esta programación, ás 13:00 horas, no Parque Rosalía de Castro terá lugar un concerto, no que se interpretarán 10 poemas de Xela Arias, musicados por Eloi Caldeiro. Entre tema e tema, unha muller lerá o poema que a continuación se interpretará musicalmente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/muller-e-igualdade-remata-este-sabado-programacion-para-visibilizar-aportacion-das-escritoras