A mocidade de Lugo mostra a súa preocupación polo emprego, a vivenda e o medioambiente no primeiro encontro da Axenda Urbana
Unha vintena de mozos e mozas participaron este mércores no primeira xuntanza xuvenil, promovida polo Goberno de Lara Méndez, no marco da Axenda 2030
- Tema
- Desenvolvemento social,
- Desenvolvemento local,
- Desenvolvemento económico,
- Formación,
- Emprego,
- Medio ambiente

O obxectivo destes encontros é escoitar as ideas, inquietudes e motivacións da xuventude lucense para a folla de ruta da cidade para os vindeiros dez anos.
O emprego, a vivenda e o coidado medioambiental son algúns dos temas que máis preocupan á xuventude lucense. Ao redor dunha vintena de mozos e mozas participaron este mércores no primeiro encontro de participación cidadá que organizou o Goberno de Lara Méndez no CEI Nodus, enmarcado no plan de acción Axenda Urbana 2030 do Concello.
O obxectivo destes encontros é escoitar as súas ideas, inquietudes e motivacións. Neste senso, os participantes mostraron especial preocupación por temas como o emprego, as posibilidades de traballar na cidade sen ter que marchar fóra; as deficientes comunicacións do municipio; o alto prezo da vivenda, que dificulta accedera a unha, a situación medioambiental ou a capacidade de mellora do transporte público.
Este é o primeiro dos encontros coa mocidade lucense que organizará o executivo. Nestes encontros se debaterá sobre os retos e desafíos do futuro e sobre as propostas en materia de mobilidade, medio ambiente, vivenda, inclusión social, participación cidadá, emprego e economía circular.
O Plan de Acción da Axenda Urbana, baixo o paraugas Lugo Cidade Viva, é a folla de ruta coa que se dotará a cidade para marcar a estratexia que dará continuidade a deseñada e posta en marcha xa no mandato pasado coa sostibilidade como eixo transversal.
