Minuto de silencio da Corporación Local ante a Subdelegación en sinal de repulsa dun novo crime machista en Toledo
Co asasinato desta muller de 43 anos, ocorrido o pasado 23 de abril, son xa 17 as mulleres mortas a mans das súas parellas ou ex parellas no que vai de ano.
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional,
- Violencia de xénero

Representantes da Corporación Local gardaron un minuto de silencio na concentración celebrada esta mañá ante a Subdelegación do Goberno en sinal de condena e repulsa contra un novo asasinato machista en Toledo, que acabou coa morte de Alejandra Maryvin, de 43 anos. Coa confirmación deste novo crime, e en cumprimento do Protocolo de Condea e Repulsa ante asasinatos por Violencia Machista, gardouse un minuto de silencio por esta vítima, que eleva a 17 o número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no que vai de ano, ao que se suman as tres persoas menores de idade mortas por violencia de xénero.
