Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Miguel Fernández, visitaba as obras de acondicionamento no estadio das Pedreiras cun investimento de 39.000€

Miguel Fernández, visitaba as obras de acondicionamento no estadio das Pedreiras cun investimento de 39.000€

A intervención, terá un custo superior aos 39.000 euros e consistirá na remodelación completa do terreo de xogo incluíndo o seu mantemento mensual

  • Tema
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Xoves, 06 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández, visitaba as obras de acondicionamento no estadio das Pedreiras cun investimento de 39.000€

O concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, visitaba esta mañá as obras de acondicionamento da pista de rugby situada no estadio das Pedreiras, para o que destinará un investimento superior aos 39.000 euros.

Miguel Fernández indicou que “as obras, que transcorren sobre o previsto inclúen tamén o repintado das liñas da cancha así como a revisión e posta a punto do sistema de rego por aspersión, contemplando xa o mantemento mensual do recinto, a base de segas e renovación de semente naquelas zonas que se deterioren ou presenten un maior desgaste co fin de garantir o bo estado da herba natural en todo momento.

A intervención, “ten como obxectivo a remodelación completa do campo de xogo para mellorar as súas prestacións xa que, na actualidade, a instalación presentaba algunhas eivas de conservación” destacou o edil.

Coa instalación das Pedreiras son tres as dotacións públicas ao servizo das e dos afeccionados lucenses ao rugby, xunto á ubicada ao carón dos Xulgados – conveniada con Educación – e ao campo de fútbol de Nadela.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/miguel-fernandez-visitaba-obras-de-acondicionamento-no-estadio-das-pedreiras-cun-investimento