Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Miguel Fernández súmase á concentración veciñal para esixir servizos médicos no consultorio de Nadela

Miguel Fernández súmase á concentración veciñal para esixir servizos médicos no consultorio de Nadela

O concelleiro socialista acudiu hoxe á protesta convocada pola cidadanía para reclamarlle ao Sergas que restableza a atención de facultativo todos os días da semana.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Servizos sociais,
    • Protección da comunidade,
    • Servizos xerais,
    • Sanidade
Venres, 03 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández súmase á concentración veciñal para esixir servizos médicos no consultorio de Nadela

O concelleiro e deputado socialista Miguel Fernández sumouse hoxe á concentración convocada pola veciñanza de Nadela para esixir que se recuperen os servizos médicos no centro sanitario desta parroquia lucense.

Fernández trasladaba así o apoio do Goberno local ás reivindicacións da cidadanía que solicitan que se restableza a atención presencial dun facultativo os cinco días da semana, tal e como se dispensaba ate o mes de abril, cando se xubilou o titular da praza deste consultorio.

O edil lamentou ademais que o SERGAS “trate de confundir á poboación disfrazando o recorte co anuncio dunha nova unidade de atención protocolizada dos procesos crónicos, nun intento de xustificar a merma paulatina do equipamento sanitario o que repercute directamente sobre a calidade dunha prestación tan esencial como esta”, engadiu o concelleiro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/miguel-fernandez-sumase-concentracion-vecinal-para-esixir-servizos-medicos-no-consultorio-de