Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Miguel Fernández reúnese co xogador da ACB Álex Llorca para avanzar na organización do campus de baloncesto na cidade

Miguel Fernández reúnese co xogador da ACB Álex Llorca para avanzar na organización do campus de baloncesto na cidade

O Concello colabora con esta cita, que terá lugar do 11 ao 17 de xullo, na súa aposta por fomentar a práctica deportiva ao tempo que se impulsa a cidade

  • Tema
    • Deportes
Martes, 07 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, mantivo unha xuntanza este martes no Salón de Comisións co xogador da ACB Álex Llorca, para avanzar aspectos da organización do campus de baloncesto, que traerá a Lugo no vindeiro mes de xullo, un deporte que conta con moitos adeptos na cidade.

O Concello colabora con esta cita que terá lugar do 11 ao 17 de xullo, posto que se enmarca na súa aposta por fomentar a práctica deportiva ao tempo que se impulsa a cidade de Lugo, xa que moitas familias achegaranse cos seus nenos e nenas.

Miguel Fernández destacou importancia deste campus, dirixido e organizado por un deportista tan querido e que deixou unha fonda pegada na nosa cidade, como é Álex LLorca, Tamén fixo fincapé en que “este campus vai permitir aos participantes socializarse como persoas e como deportistas, ademais de mellorar os seus fundamentos técnicos de baloncesto e tamén pasar unha xornadas inesquecibles, gozando deste fermoso deporte”.

Pola súa banda, Llorca expresou a súa satisfacción por ser o primeiro ano que realiza este campus e dixo que está traballando con moita ilusión, para que os nenos e nenas pasen unha semana moi produtiva. Ademais lembrou que “as inscricións seguen abertas a través da web www.campusalexllorca.com [1], para que se apunten moitos nenos e nenas e sexamos unha grande familia”.

Audios

  • Miguel Fernández, sobre o xogador da ACB Álex Llorca | Descargar mp3 [2]
  • Álex Llorca, sobre o campus de baloncesto na cidade | Descargar mp3 [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/miguel-fernandez-reunese-co-xogador-da-acb-alex-llorca-para-avanzar-na-organizacion-do-campus

Ligazóns:
[1] http://www.campusalexllorca.com/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/070616_miguel_-_reunion_alex_llorca.mp3
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/070616_alex_-_reunion_alex_llorca.mp3