Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Miguel Fernández recolle o premio de Boas Prácticas Locais que a FEMP concedeu a Lugo pola recuperación do humidal das Gándaras

Miguel Fernández recolle o premio de Boas Prácticas Locais que a FEMP concedeu a Lugo pola recuperación do humidal das Gándaras

  • Tema
    • Benestar social,
    • Medio rural,
    • Medio ambiente
Martes, 23 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández recolle o premio de Boas Prácticas Locais que a FEMP concedeu a Lugo pola recuperación do humidal das Gándaras

O edil de Medio Rural e voceiro municipal, Miguel Fernández, recolleu, en nome da alcaldesa Lara Méndez, este martes en Madrid o premio de Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade que a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) concedeu ao Concello de Lugo pola recuperación do humidal das Gándaras. A actuación posta en marcha polo executivo municipal neste bosque de ribeira, un dos grandes patrimonios naturais de Lugo, obtivo o segundo premio na categoría de Medio Hídrico na segunda edición dos premios outorgados pola Rede de Goberno Locais+Biodiversidade.

Miguel Fernández agradeceu o recoñecemento e explicou a importancia da actuación levada a cabo, no marco do proxecto europeo LIFE Lugo+Biodinámico, pois “o acondicionamento desta xoia natural supuxo preservar a súa rica diversidade para que sexa un espazo de esparcemento de veciños e visitantes, ao integrarse no paseo periurbano da cidade, pero tamén ten fins divulgativos e investigadores xa que acolle especies de flora e fauna de interese comunitario polo seu especial valor de conservación e grao de ameaza en Europa”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/miguel-fernandez-recolle-o-premio-de-boas-practicas-locais-que-femp-concedeu-lugo-pola