Miguel Fernández preside a toma de posesión dun novo celador do CEIP Casás
O alcalde destacou a importancia desta incorporación para reforzar os servizos municipais vinculados á comunidade educativa.
No acto tamén participou a delegada en funcións da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira.
“Estas incorporacións permiten seguir fortalecendo o persoal municipal e mellorar a atención aos centros educativos da cidade”, subliñou o rexedor.
- Tema
- Benestar social,
- Educación,
- Centros de ensino,
- Educación pública,
- Recursos humanos,
- Emprego público

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión dun novo funcionario de carreira do Concello, que desempeñará o posto de celador no CEIP Casás, encadrado na Escala de Administración Especial, Subescala de Servizos Especiais, Grupo AP. No acto estivo acompañado pola delegada en funcións da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira.
Durante a súa intervención, o rexedor deu a benvida ao novo traballador municipal e salientou “a importancia destas incorporacións que reforzan os servizos públicos e contribúen a mellorar o funcionamento dos centros educativos da cidade, un ámbito no que o Concello mantén unha colaboración constante coa comunidade escolar”.
Miguel Fernández trasladoulle os seus parabéns e desexoulle acertos nesta nova etapa profesional, destacando que “estas tomas de posesión son unha mostra do compromiso do Concello coa estabilidade e o reforzo do emprego público”.
