Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Miguel Fernández e Pablo Rivera Rivera clausuran o I Campus de fútbol e fútbol sala Keeper Galicia

Miguel Fernández e Pablo Rivera Rivera clausuran o I Campus de fútbol e fútbol sala Keeper Galicia

  • Tema
    • Deportes
Xoves, 07 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández e Pablo Rivera Rivera clausuran o I Campus de fútbol e fútbol sala Keeper Galicia

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, participaron este xoves na clausura do I Campus de fútbol e fútbol sala Keeper Galicia, organizado polo Lugo Sala e a ADC Sagrado Corazón.

Un evento destinado a xogadores de ambos clubs, pero que tamén contou con xogadores externos a estas entidades, que gozaron conxuntamente de catro días nos que se compaxinou fútbol, fútbol sala, actividades de lecer e tempo libre e no que se buscou que todos os xogadores convivisen conxuntamente, por iso as catro xornadas foron ininterrompidamente de 10:00 a 19:30 horas con comida incluída.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/miguel-fernandez-e-pablo-rivera-rivera-clausuran-o-i-campus-de-futbol-e-futbol-sala-keeper