Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Miguel Fernández e o seu equipo reúnense cos colectivos do transporte para avanzar na creación dun aparcadoiro vixiado para camións nas Gándaras

Miguel Fernández e o seu equipo reúnense cos colectivos do transporte para avanzar na creación dun aparcadoiro vixiado para camións nas Gándaras

O encontro dá continuidade ás reunións mantidas anteriormente pola rexedora Paula Alvarellos con Tradime e Aetram, co obxectivo de dar resposta ás demandas históricas do sector.

O rexedor  destacou que “seguimos traballando para que Lugo dispoña dunha infraestrutura necesaria para mellorar a seguridade, a mobilidade e a conciliación das persoas transportistas”.

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico,
    • Urbanismo
Xoves, 03 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández e o seu equipo reúnense cos colectivos do transporte para avanzar na creación dun aparcadoiro vixiado para camións nas Gándaras

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes das principais asociacións do transporte da provincia: José Fernández, por parte de Tradime, e Diego Arias, presidente de Aetram. O rexedor estivo acompañado na reunión de traballo polo concelleiro de Urbanismo, Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, e polo director xeral de Urbanismo, Hipólito Pérez.

Durante o encontro, celebrado na Casa do Concello, déronse pasos adiante na creación dun aparcadoiro vixiado para camións no entorno do parque empresarial e do polígono das Gándaras, unha das principais reivindicacións do sector. A xuntanza dá continuidade á liña de traballo aberta por Paula Alvarellos coas dúas asociacións.

“Desde o Goberno local estamos a facer un seguimento constante das propostas que nos traslada o colectivo de transportistas”, explicou o alcalde, quen engadiu que “este proxecto é unha prioridade, e por iso estamos a insistir diante da Xunta na súa necesidade estratéxica”.

Miguel Fernández sinalou que o obxectivo é que “Lugo dispoña dun espazo acondicionado, accesible e seguro, que responda ás necesidades reais das persoas profesionais do transporte e mellore o funcionamento do tecido industrial da cidade”, concluiu.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre a creación dun aparcadoiro vixiado para camións nas Gándaras | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/miguel-fernandez-e-o-seu-equipo-reunense-cos-colectivos-do-transporte-para-avanzar-na-creacion

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/050325_audio_jorgebustos_miguel_fernandez_e_o_seu_equipo_reunense_cos_colectivos_do_transporte_para_avanzar_na_creacion_dun_aparcadoiro_vixiado_para_camions_nas_gandaras.mp3