Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Miguel Fernández e Carmen Basadre participan na presentación en Lugo do Clúster de Turismo de Galicia

Miguel Fernández e Carmen Basadre participan na presentación en Lugo do Clúster de Turismo de Galicia

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística
Mércores, 19 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández e Carmen Basadre participan na presentación en Lugo do Clúster de Turismo de Galicia

O Voceiro municipal, Miguel Fernández, xunto á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participaron este mércores na sede da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (APEHL) na presentación do Clúster Turismo de Galicia, para dar a coñecer máis en profundidade os proxectos e actividades nas que se atopa inmerso.

Na presentación tamén estiveron presentes o presidente do Clúster, Francisco González, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Trátase da primeira das presentacións oficiais que o Clúster de Turismo está realizando a nivel provincial para dar a coñecer os seus proxectos.

Miguel Fernández destacou que “o Concello traballa para reforzar o turismo como unha potencialidade e un motor económico para a cidade, o que pasa por poñer en valor e difundir a inmensa riqueza da que dispoñemos, histórica, cultural, medioambiental e gastronómica”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/miguel-fernandez-e-carmen-basadre-participan-na-presentacion-en-lugo-do-cluster-de-turismo-de