Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Rural renova unha estrada municipal na parroquia de Coeses

Medio Rural renova unha estrada municipal na parroquia de Coeses

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural,
    • Urbanismo
Sábado, 05 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural renova unha estrada municipal na parroquia de Coeses

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisaba as obras dunha vía municipal na parroquia de Coeses que discorre cara ao núcleo de Ceza. “Unha actuación necesaria debido a antigüidade da estrada, ao uso e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo” sinalou o edil.

 As tarefas, segundo referiu o responsable de Medio Rural, consistiron na limpeza das beiravías, no arranxo do firme, reposición de sinalética así como a limpeza das cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que produzan danos no pavimento.

 Fernández indicou que os labores, que supuxeron un investimento de 47.674 euros, “son mostra da aposta decidida do Goberno local por aumentar a calidade das infraestructuras dos núcleos e favorecer, así, o asentamento de poboación”, indicou o concelleiro.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-rural-renova-unha-estrada-municipal-na-parroquia-de-coeses