Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Rural mellora o firme dunha vía municipal na parroquia de Prógalo

Medio Rural mellora o firme dunha vía municipal na parroquia de Prógalo

Os traballos que se levaron a cabo consistiron na limpeza de cunetas, a rehabilitación do firme con aglomerado en quente e a renovación da sinalización.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural
Martes, 22 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural mellora o firme dunha vía municipal na parroquia de Prógalo

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, anunciaba a finalización das obras dunha vía municipal na parroquia de Prógalo que, segundo informou, “contou cun orzamento de 60.000 euros”.

Unha actuación que mellora a seguridade viaria nas redes de acceso a esta parroquia. Fernández explicou que “os traballos que se levaron a cabo consistiron na limpeza de cunetas, na rehabilitación do firme con aglomerado en quente e na renovación da sinalización horizontal e vertical”.

O edil destacou a importancia desta obra, “que desenvolvemos despois de escoitar as necesidades que nos traslada a veciñanza da zona despois de levar a cabo, recentemente, o arranxo da estrada municipal da LU-P-2903 nesta parroquia, melloras que non só beneficiarán ás persoas residentes na mesma senón que reverterán no conxunto do tráfico rodado que circula pola zona”, concluíu.

Audio

  • O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre a mellora de estradas en Prógalo | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-rural-mellora-o-firme-dunha-municipal-na-parroquia-de-progalo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/221122_mellora_de_estradas_progalo_-_miguel_fernandez.mp3