Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Rural inicia traballos de mellora de viais en Santa Comba, Muxa e Santiago de Piugos, cun investimento total de 151.000 €

Medio Rural inicia traballos de mellora de viais en Santa Comba, Muxa e Santiago de Piugos, cun investimento total de 151.000 €

Consistirán na rexeneración do firme entre a Ronda Norte e San Salvador de Muxa, entre a LU-234 e o límite co Concello de O Corgo e entre estrada en San Lazaro da Ponte e Piugos

O edil Miguel Fernández explicou que “estas vías soportan un alto nivel de tráfico e era necesario actuar polo estado das mesmas” dando resposta á súa vez a peticións veciñais

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio rural
Xoves, 11 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural inicia traballos de mellora de viais en Santa Comba, Muxa e Santiago de Piugos, cun investimento total de 151.000 €

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Medio Rural que dirixe Miguel Fernández, iniciou as obras de mellora e rexeneración do firme nas  parroquias de Santa Comba, Muxa e Santiago de Piugos, concretamente, na vía entre a Ronda Norte e San Salvador de Muxa, entre a LU-234 e o límite co Concello de O Corgo, e estrada en San Lazaro da Ponte e Piugos, cun investimento total de 151.000 euros e un mes de prazo de execución a posteriori da limpeza de cunetas realizada nas pasadas semanas.

As tarefas inclúen a limpeza das cunetas e o aglomerado en quente do firme e a construción de bases de contenedores, así como o pintado dos bordes e a sinalización vertical e horizontal. O concelleiro de Medio Rutal, Miguel Fernández, explicou que “estas vías soportan un alto nivel de tráfico e eran necesarias ditas actuacións polo estado das mesmas” dando resposta á súa vez a peticións veciñais.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre as obras de rexeneración | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-rural-inicia-traballos-de-mellora-de-viais-en-santa-comba-muxa-e-santiago-de-piugos-cun

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/110620_obras_rexeneracion.mp3