Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio cento de nenos aprenden a facer queixo do Cebreiro nunha actividade organizada pola Concellería de Benestar Social

Medio cento de nenos aprenden a facer queixo do Cebreiro nunha actividade organizada pola Concellería de Benestar Social

  • Tema
    • Igualdade
Xoves, 05 de agosto de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, visitou hoxe o Centro social de Calde onde se desenvolve durante dous días unha actividade na que medio cento de nenos aprenderon cómo se fai o queixo do Cebreiro.

Nesta actividade tomaron parte nenos que asisten á programación de verán organizada polo Concello no Centro de Convivencia da Milagrosa e no Centro social de Calde. Durante dos días os cativos atenderon ás explicacións e á demostración que lles fixo Verónica Marcos, unha queixeira de Nullán (As Nogais), e tiveron a oportunidade de experimentar por eles mesmos cómo se fai o queixo do Cebreiro.

Na primeira xornada, onte, coceron o leite a 70º, deixárono arrefriar e logo botáronlle o callo. Despois de deixalo repousar, hoxe foi o momento de amasalo e de darlle a peculiar forma que ten esta variedade de queixo.

Para a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, actividades coma esta axúdanlles ós nenos a ampliar os seus coñecementos sobre a natureza, as tradicións e a elaboración de alimentos, ademáis de darlles a oportunidade de experimentar novas sensacións. Ademáis os cativos procedentes da cidade tiveron a ocasión de coñecer unha das parroquias rurais do noso Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-cento-de-nenos-aprenden-facer-queixo-do-cebreiro-nunha-actividade-organizada-pola