Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Ambiente retirou esta mañá 22.680 kilos de lixo do Carqueixo, nun dispositivo especial de limpeza que continuará mañá

Medio Ambiente retirou esta mañá 22.680 kilos de lixo do Carqueixo, nun dispositivo especial de limpeza que continuará mañá

  • Tema
    • Benestar social,
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Martes, 11 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente retirou esta mañá 22.680 kilos de lixo do Carqueixo, nun dispositivo especial de limpeza que continuará mañá

A área de Medio Ambiente retirou esta mañá un total de 22.680 kg de lixo do Carqueixo, nun dispositivo especial de limpeza que continuará mañá.

O operativo, segundo sinalou o tenente de alcaldesa e responsable de área, Miguel Fernández, artellouse en resposta a unha petición veciñal, “trasladada polos residentes na contorna para dar conta do estado no que se encontran as vías que rodean este poboado lucense”.

Fernández explicou que a brigada de limpeza acude con asiduidade á zona tanto para proceder á retirada de refugallos que se amorea no vertedoiro como nas vías das inmediacións e que se corresponde, fundamentalmente, con entullo procedente da construción, como restos de madeira, persianas, etc”.

O edil indicou alén que “foron enviadas dúas pas e dous camións e varios operarios para poder separar a gran cantidade de residuos que se atopaban na zona”.

“O Concello de Lugo actúa á maior brevidade posible cada vez que ten coñecemento de que se están a orixinar estas acumulacións incontroladas de refugallos, polo que convidamos e agradecémoslle á veciñanza que, se ten coñecemento delas, nolo faga chegar ben a través do 010, ben mediante a aplicación Liña Verde, para poder atallalas”, solicitou Miguel Fernández.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-ambiente-retirou-esta-mana-22680-kilos-de-lixo-do-carqueixo-nun-dispositivo-especial-de