Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Ambiente retira 5 toneladas de lixo da Carballeira trala festa universitaria celebrada onte na Acea de Olga

Medio Ambiente retira 5 toneladas de lixo da Carballeira trala festa universitaria celebrada onte na Acea de Olga

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, supervisou esta mañá o dispositivo especial organizado para garantir a limpeza na zona.

O servizo de limpeza do Concello de Lugo retirou esta mañá ao redor de 5.000 kilos de lixo, na súa maioría bricks, plásticos e vidros, procedentes da celebración universitaria que tivo lugar na Carballeira de Acea de Olga durante a pasada madrugada.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Xoves, 07 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente retira 5 toneladas de lixo da Carballeira trala festa universitaria celebrada onte na Acea de Olga

O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, planificou con previsión o amplo dispositivo que se despregou xa a primeira hora deste xoves para proceder ao aseo da zona co obxecto de que a festa non tivera repercusións para a veciñanza.

O edil acompañou ao persoal durante a realización dos traballos para supervisar a execución do operativo que estivo composto por 12 operarios – 10 peóns e 2 condutores - así como por 10 máquinas entre elas, dous camións satélite, dúas cisternas, 2 recolledoras pequenas de carga traseira, 2 varredoras grandes e unha pequena ademais dunha hidrolimpadora de alta presión que deron por concluídas as tarefas ás 09:30 horas.

Pola súa banda, a Policía Local informou de que a celebración non deu lugar a ningún tipo de incidencia.

Audio

  • O concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre o dispositivo da Festa da Carballeira | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-ambiente-retira-5-toneladas-de-lixo-da-carballeira-trala-festa-universitaria-celebrada

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/070422_miguel_fernandez_-_dispositivo_festa_da_carballeira.mp3