Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Ambiente limpia a escultura de Javier Krahe tras o ataque sufrido a pasada fin de semana

Medio Ambiente limpia a escultura de Javier Krahe tras o ataque sufrido a pasada fin de semana

A limpeza do mobiliario urban e competencia da área de Medio Ambiente que dirixe Alvaro Santos, que actuou de forma inmediata tras recibir o aviso deste acto vandálico

  • Tema
    • Medio ambiente
Mércores, 21 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente limpia a escultura de Javier Krahe tras o ataque sufrido a pasada fin de semana

O concelleiro de Medio Ambiente, Alvaro Santos, personouse esta mañá en Paxariños e verificou que as actuacións levadas a cabo polo servizo de limpeza da obra homenaxe a Javier Krahe do escultor e pintor Lomarti foron correctas. No momento en que o Concello de Lugo recibiu ó aviso deste acto vandálico procedeuse con inmediatez.

A limpeza do mobiliario urban e competencia da área de Medio Ambiente que dirixe Alvaro Santos, que fai un chamamento “ó civismo dos veciños e veciñas de Lugo, recordando que este acto vandálico ten un custe para todos e solicito colaboración cidadá para localizar ó/á culpable”

A escultura homenaxe a Javier Krahe, obra do escultor e pintor Lomarti, foi financiada polo Concello de Lugo a través do plan Único da Deputación con 34.000 euros e inaugurada o pasado mes de abril pola alcaldesa Lara Méndez.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-ambiente-limpia-escultura-de-javier-krahe-tras-o-ataque-sufrido-pasada-fin-de-semana