Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Ambiente intensifica os operativos específicos de limpeza da cidade cun aseo exhaustivo de prazas e beirarrúas

Medio Ambiente intensifica os operativos específicos de limpeza da cidade cun aseo exhaustivo de prazas e beirarrúas

O dispositivo, composto por dúas brigadas dotadas con hidrolimpadoras e fregadoras, fai fincapé no lavado do pavimento a alta presión e na eliminación de pintadas e malas herbas.

Logo de actuar en diferentes puntos da capital, os operarios se desprazarán ao Casco Histórico para acometer estes labores na contorna da Catedral e no treito peonil da Rolda da Muralla.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Medio ambiente
Sábado, 12 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente intensifica os operativos específicos de limpeza da cidade cun aseo exhaustivo de prazas e beirarrúas

A área de Medio Ambiente que dirixe o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, está a intensificar, dende que comezou o ano, os operativo específicos de limpeza da cidade levando a cabo, tamén, un aseo exhaustivo de beirarrúas e prazas.

O dispositivo, composto por dúas brigadas, provistas de material suficiente ás que se dotou de hidrolimpadoras e fregadoras, están a acometer o lavado a alta presión do pavimento, para retirar a sucidade incrustada, ao tempo que se eliminan pintadas e malas herbas.

“Até o momento, os operarios executaron o acondicionamento das rúas Vilalba, Narciso Peinado, Menorca, López Guntín, Carril dos Loureiros e da praza do Camiño Primitivo, estando previsto que nos próximos días se centren no Casco Histórico, especialmente na contorna da Catedral ou no treito peonil da Rolda da Murallapara desprazarse, a continuación, á Praza do Castiñeiro”, explicou o concelleiro.

Miguel Fernández destacou que “se trata dunha intervención que se suma ás campañas especiais de limpeza que se desenvolven de xeito específico polos diferentes barrios da capital e coas que dende o Executivo de Lara Méndez pretendemos reforzar o coidado e mantemento ordinario do municipio. Un esforzo que se manterá até que entre en vigor o novo contrato – adxudicado esta mesma semana - para o servizo onde xa se contempla un incremento non só das dotacións, se non tamén do persoal e dos laboresque inclúe. Oque, á súa vez, redundará na imaxe xeral que ofrece Lugo e na súa habitabilidade e confort para a veciñanza”, concluíu o edil de Medio Ambiente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-ambiente-intensifica-os-operativos-especificos-de-limpeza-da-cidade-cun-aseo-exhaustiv-0