Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Medio Ambiente informa que dende o próximo luns reactívase o servizo de recollida de enseres do Concello de Lugo

Medio Ambiente informa que dende o próximo luns reactívase o servizo de recollida de enseres do Concello de Lugo

Lémbrase que é un servizo totalmente gratuíto a través dunha chamada ao teléfono: 982-25-44-83 de luns a venres

  • Tema
    • COVID-19,
    • Medio ambiente
Xoves, 23 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Ambiente informa que dende o próximo luns reactívase o servizo de recollida de enseres do Concello de Lugo

Dende a Concellería de Medio avisan da reactivación do servizo de recollida de enseres que presta o Concello de Lugo, que é totalmente gratuíto e que se pode solicitar a través dunha chamada ao teléfono: 982-25-44-83.

Dito servizo estivo suspendido temporalmente para facilitar os traballos do dispositivo extraordinario de limpeza que se está a levar a cabo durante o estado de alarma polo Covid19. Medio Ambiente optou por reactivalo porque as circunstancias permiten facelo con seguridade e, polo tanto, podemos atender así esa necesidade garantizando o bo funcionamento do dispositivo extraordinario desplegado.

Desde o Concello pídese á veciñanza que actúe con responsabilidade e chame ao servizo para que se poida efectuar a recollida dunha maneira ordenada e sen dificultar a limpeza e desinfección da cidade, que segue a ser crucial para evitar os contaxios nesta pandemia, máxime cando a vindeira semana xa poderán saír os nenos e nenas ás rúas.

Por iso, lembra que no momento de recibir a petición, desde o servizo se lle indicará ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles ou enseres dos que que se queira desfacer, dando prioridade ás peticións que se realizan seguindo este procedemento e atendendo a continuación o resto de incidencias non notificadas e das que da conta o propio servizo de recollida.

A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade para o que se precisa un vehículo específico. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación á demanda.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/medio-ambiente-informa-que-dende-o-proximo-luns-reactivase-o-servizo-de-recollida-de-enseres