Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A masterclass de nutrición de Xuventude de mañá amosará que picar de xeito saudable é posible

A masterclass de nutrición de Xuventude de mañá amosará que picar de xeito saudable é posible

Poderase seguir, dende as 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo así na conta de Instagram @Xuventude_lugo

  • Tema
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís,
    • Sanidade
Martes, 29 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A masterclass de nutrición de Xuventude de mañá amosará que picar de xeito saudable é posible

O ciclo de masterclass online de nutrición, que organiza a área de Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, amosará na sesión de mañá mércores, 30 de setembro, que picar de xeito saudable é posible. Faino tras afondar en almorzos e ceas saudables. Esta charala telemática, ao igual que as últimas sesións, poderase seguir dende as 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo, así como na contade Instagram @Xuventude_lugo. Esta é a penúltima charla desta programación, que dirixe a dietista-nutricionista Ángeles Novo, e que rematará o vindeiro mércores 7 de outubro, ofrecendo diversas receitas doces.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/masterclass-de-nutricion-de-xuventude-de-mana-amosara-que-picar-de-xeito-saudable-e-posible