Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mañá sábado haberá unha ruta xeolóxica na zona de Portomarín dentro do programa Lugo pedra a pedra

Mañá sábado haberá unha ruta xeolóxica na zona de Portomarín dentro do programa Lugo pedra a pedra

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 26 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que mañá sábado 27 de setembro vaise a celebrar unha nova actividade dentro do programa Lugo Pedra a Pedra.
A actividade consiste nunha excursión pola zona do Camiño de Santiago en Portomarín, concretamente por San Xulián, Vilar, Bagude, ribeiras do río Ferreira e Portomarín. Esta é unha zona moi rica xeolóxicamente e que nun pequeño espazo físico presenta unha amplísima variedade litolóxica única en Galicia.
A saída é ás 10:00 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (á altura da Porta de Bispo Aguirre). Os interesados poden inscribirse a través do teléfono 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo-CIM (982 251 658), Praza do Campo, 11. Máis información www.lugo.es [1].

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mana-sabado-habera-unha-ruta-xeoloxica-na-zona-de-portomarin-dentro-do-programa-lugo-pedra

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es