Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mañá remata o prazo para os cursos intensivos de natación dirixidos aos máis cativos

Mañá remata o prazo para os cursos intensivos de natación dirixidos aos máis cativos

Os cursos impartiranse ao longo do mes de setembro nas piscinas de Frigsa e das Pedreiras

  • Tema
    • Deportes,
    • Natación
Xoves, 09 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Mañá xoves día 10 de xuño, remata o prazo de matrícula para os cursos intensivos de natación dirixidos aos cativos e cativas de 6 a 10 anos, que o Concello organiza no mes de setembro nas piscinas de Frigsa e das Pedreiras. Trátase de cursos de aprendizaxe, para os nenos e nenas que non saben nadar ou nadan menos de 15 metros, e de iniciación básica, para os que saben nadar polo menos 15 metros. A matrícula debe facerse nas instalacións nas que o interesado desexa realizar estes cursos. O prezo é de 40 euros.

Na piscina municipal de Frigsa, o Concello ofrece 56 prazas para o nivel de aprendizaxe e 90 para iniciación básica, e nas Pedreiras, 28 para aprendizaxe e 36 para iniciación. As clases terán lugar en xornada de tarde, dependendo da idade dos participantes e do seu nivel, de 16:15 horas a 20:00 horas en Frigsa, ou de 18:00 a 20:30 horas nas Pedreiras.

Máis información no Servizo de Atención Cidadá 010.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mana-remata-o-prazo-para-os-cursos-intensivos-de-natacion-dirixidos-aos-mais-cativos