Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mañá remata o prazo para inscribirse no espazo Coworking que o Concello e a EOI habilitarán no CEI-NODUS

Mañá remata o prazo para inscribirse no espazo Coworking que o Concello e a EOI habilitarán no CEI-NODUS

Os emprendedores interesados poden inscribirse a través das webs do Concello ou da Escola de Organización Industrial, www.lugo.gal [1] e www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo [2]

Preto de 90 proxectos e ata un máximo de 260 emprendedores recibirán formación e asesoramente neste espazo coworking, que está previsto que inicie a súa actividade o vindeiro mes de decembro

  • Tema
    • Emprego,
    • Emprendemento,
    • Políticas activas de emprego,
    • Fomento do emprego
Domingo, 27 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Mañá remata o prazo para inscribirse no espazo Coworking que o Concello e a EOI habilitarán no CEI-NODUS

Mañá luns, 28 de novembro, remata o prazo para inscribirse no espazo Coworking que o Concello de Lugo e a Escola de Organización Industiral habilitarán no Centro de Empresas e Innovación (CEI-NODUS). Todos os emprendedores e emprendedoras interesadas poden inscribirse a través da páxina web do Concello, www.lugo.gal [1] ou na páxina da EOI, https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo [3].

Preto de 90 proxectos e ata un máximo de 260 emprendedores recibirán formación e asesoramente neste espazo coworking, que está previsto que inicie a súa actividade o vindeiro mes de decembro, no marco da actuación impulsada conxuntamente pola entidadade local e a EOI, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE). Dita actuación constará de catro convocatorias sucesivas, que se desenvolverán durante cinco meses cada unha, e que poderán acoller, en cada caso, entre 16 e 22 proxectos emprendedoresde calquera tipo de sector por convocatoria, premiándose o cooperativismo e proxectos levados a cabo por colectivos vulnerables. Estes recibirán un apoio integral para a posta en marcha con éxito e con garantías de futuro das súas empresas, proporcionándolles espazos de traballo, obradoiros de formación, asesoramento personalizado e especializado e mentorización.

O programa Coworking, totalmente gratuíto para os beneficiarios, enmárcase na aposta do Goberno pola empregabilidade de calidade no municipio. Súmase ao plan de emprego 100% (Con) trato feito!, e aos obradorios Emprega-TIC, entre outras iniciativas. Ten un orzamento conxunto de 800.000 euros, para o que a EOI achega o 80%, é dicir, 640.000 euros, que á súa vez proceden do Fondo Social Europeo, e o Concello o 20% restante, 160.000 euros de fondos propios, 40.000 en cada unha das catro edicións.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/mana-remata-o-prazo-para-inscribirse-no-espazo-coworking-que-o-concello-e-eoi-habilitaran-no

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal
[2] http://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo
[3] https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/lugo